OBXECTO DA CONVOCATORIA
Convócase a escritor@s, viaxeir@s, profesionais ou afeccionad@s, a participar na elaboración de relatos de viaxe que teñan un contido que mostre converxencias co ideario viaxeiro de Mikel Essery, plasmado ao longo dos anos en editoriais, artigos, entrevistas, cadernos de viaxe e numerosas conversacións e do que apuntamos algunhas ideas:
“Continuo comprometido co reto de mesturar culturas, achegar persoas e participar na verdadeira aposta global: os pobos e non os estados, as persoas e non as ideoloxías, a cooperación e non a competencia, o intercambio solidario e non a oposición totalitaria. Entendido deste xeito, a viaxe non é só un itinerario polos escenarios que nos ofrece un país ou unha área concreta. A viaxe debe mostrar, por enriba de todo, o respecto e o interese por outras maneiras de pensar e lograr o achegamento a outras xentes que viven a vida á marxe ou ao noso pesar.”
Buscamos relatos viaxeiros que dende a experiencia vital particular de cada narrador nos acerquen a outras realidades sociais, culturais, naturais e humanas do planeta. Queremos miradas que nos aporten coñecemento e nos sorprendan coa súa busca e cos seus encontros; relatos que profunden na empatía polo outro e co outro. Unha viaxe narrada que empuxe cara a aprendizaxe e o enriquecemento persoais; unha invitación á viaxe, entendida esta como camiño, busca, encontro e espazo de liberdade, que valore o rito da celebración dese encontro nas súas múltiples facetas.
PRAZO E MODO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación dos traballos estará aberto dende o 1 de xaneiro ata o 1 de maio de 2010 e deberán serán enviados como documento adxunto, en calquera formato de texto, ao enderezo de correo electrónico que se detalla a seguir.
concurso@mikelmunduan.net
No correo deberán incluírse os seguintes datos: o nome completo o seudonimo, o enderezo postal e o número de contacto. Pode resultar interesante incluír nunhas liñas un perfil biográfico do autor e unha mención ao seu blog ou á súa páxina web se a tivese.
O texto poderá ir acompañado dalgún documento gráfico [debuxo, foto, mapa, plano etc.] se o autor o considera relevante ou enriquecedor para o relato no seu conxunto.
XURADO E FALLO DO PREMIO
O xurado estará composto por persoas cualificadas e a súa identidade non se fará pública ata a emisión do fallo. O fallo público do concurso será coñecido en todas as súas edicións o segundo martes do mes de novembro que corresponde ao día 9 de Novembro de 2009 na súa segunda edición.
Establécese un único primeiro premio . Este premio consistirá nunha viaxe de carácter internacional para unha persoa. Inclúense ademais outros premios para os finalistas aportados polas marcas patrocinadoras, e que se farán públicos na páxina web con posterioridade.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
A participación no concurso supón a cesión dos dereitos de autor dos relatos seleccionados, exclusivamente para a edición dunha escolma que conteña aqueles relatos que o xurado considere que teñen unha maior calidade.
Asemade, haberá un seguimento do concurso a través da páxina web e os relatos ou extractos que mellor reflictan o espírito da convocatoria serán publicados na mesma.

REQUISITOS
Os relatos presentados deberán estar escritos en éuscaro, español, catalán, galego ou inglés; non ter sido premiados en ningún outro certame; e ter unha extensión de hasta 6.000 palabras. O tema queda apuntado no título da convocatoria.